DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61237

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 21 de novembro de 2025 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25 convocados pola Orde do 3 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño).

A Orde do 3 de xuño de 2025 (DOG núm. 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25, establece no seu artigo 20.2 que a persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema educativo elevará a proposta de adxudicación dos premios á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a relación definitiva do alumnado admitido que inclúe as súas cualificacións definitivas obtidas na proba PEE, e vista a proposta de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25 da persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por delegación de competencia establecida na Orde do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 104, do 3 de xuño), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria
correspondentes ao curso 2024/25

DNI/NIE

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

***4331**

Álvarez Fernández, María

36006237

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

1.000 €

***5951**

Blanco Fernández, Iria Mei

32009190

IES As Lagoas

1.000 €

***7082**

Fraga Gigirey, Martín

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

1.000 €

***4412**

García Tarrío, Carmen

15032807

IES do Milladoiro

1.000 €

***6889**

Jorquera Domínguez, Ana

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

***6139**

Leiva Castro, Clara

36019670

IES do Castro

1.000 €

***1873**

Martín Gutiérrez, Antonio

15004125

CPR Eiris

1.000 €

***4023**

Muíño García, Alejandro

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

1.000 €

***7590**

Nieto Senatore, Tirso

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

***3168**

Otero Dozo, Adriana

36019396

IES Francisco Asorey

1.000 €

***7994**

Parada Méndez, Manuela

36006237

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

1.000 €

***1478**

Pellitero Fernández, Xabier

36020261

IES Plurilingüe Terra de Turonio

1.000 €

***9714**

Pérez Rosano, Lucía

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000 €

***3062**

Ramos Pastoriza, Miguel

15027368

IES Maximino Romero de Lema

1.000 €

***9367**

Regueira Rodríguez, Clara

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

***3667**

Rivas Diéguez, Luis José

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

1.000 €

***8205**

Rivas Otero, Mateo

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000 €

***6302**

Rodríguez Gómez, María

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

1.000 €

***7148**

Souto Bravos, Laura

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

***1740**

Suárez Vázquez, Mario

15027228

IES María Casares

1.000 €