DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61235

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 21 de novembro de 2025 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25, convocados pola Orde do 27 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 104, do 3 de xuño).

A Orde do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 104, do 3 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25, establece no seu artigo 20.2 que a persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo elevará a proposta de adxudicación dos premios á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a relación definitiva do alumnado admitido, que inclúe as súas cualificacións definitivas obtidas na proba PEB, e vista a proposta de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 da persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por delegación da competencia establecida na Orde do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 104, do 3 de xuño), no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25

DNI/NIE

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

***5025**

Alcántara Coto, Ángela

27020902

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

1.000 €

***2812**

Araújo Rodríguez, Diego

36019396

IES Francisco Asorey

1.000 €

***9190**

Bello Conde, Alejandra

15015861

IES Eduardo Pondal

1.000 €

***5955**

Castro de Diego, Javier

36019670

IES do Castro

1.000 €

***3018**

Díaz López, Claudia

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000 €

***8832**

Docando Freire, Antonio

27015891

IES da Terra Chá José Trapero Pardo

1.000 €

***0337**

Domínguez Pereira, Lucía

27006553

IES Xoán Montes

1.000 €

***2705**

Fernández Loira, África María

15011002

CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey

1.000 €

***4573**

Flórez Sánchez, Elena

32009190

IES As Lagoas

1.000 €

***8901**

Justo Vicente, Antón

36018461

IES República Oriental do Uruguai

1.000 €

***5922**

Lemos Peixoto, Manuel

36010903

CPR Plurilingüe Apóstol Santiago

1.000 €

***1234**

Méndez-Benegassi Egerique, Teresa Saleta

36011351

ICPR Plurilingüe San José de Cluny

1.000 €

***5660**

Pérez Criado, Jacobo

15004125

CPR Eirís

1.000 €

***6228**

Pérez Garrido, Marcos

32016625

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

1.000 €

***7369**

Pérez Otero, Alberto

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

***7512**

Rodríguez Izquierdo, Laura

36011270

CPR Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

***8089**

Sambade Caamaño, Alejandro

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000 €

***6315**

Sánchez Martín, Yoel

32009190

IES As Lagoas

1.000 €

***5975**

Sueiro Nespereira, Clara

32008458

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

1.000 €

***7583**

Villaverde García, Laura

36019566

IES de Chapela

1.000 €