DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/093-4 modificado).

O 16.2.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT TRO708 e CT no Toural.

O expediente foi tramitado segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

O 26.10.2023, este departamento territorial ditou unha autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/093-4), coas seguinte características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 656 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente TRO7081305, na arqueta proxectada, facendo entrada e saída no centro de transformación (CT) proxectado. Centro de transformación subterráneo a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 5074721NG2757S0001AX, na rúa da Robleda, ao lado do número 75. A instalación está situada no Toural, no municipio de Vigo (Pontevedra).

O 9.9.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou unha nova declaración de utilidade pública debido á nova localización do centro de transformación, ademais do seu cambio de subterráneo a caseta e o 2.10.2025 presentou un proxecto modificado.

Unha vez presentada as modificacións sinaladas e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT TRO708 e CT no Toural (modificado).

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, de 556 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente TRO7081305, na arqueta proxectada, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación compacto superficie a 250 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 5074721NG2757S0001AX, na rúa da Robleda ao lado do número 75. A instalación está situada no Toural, no municipio de Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 6 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/093-4 modificado.

Denominación: LMT TRO708 e CT no Toural (modificado).

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

(m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Robleda 69C

Urbana

5074721NG2757S0001AX

Descoñecido/a

16,81