DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61532

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Arcebispado de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras do proxecto de restauración/rehabilitación integral da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela) (1/2025).

Entidade adxudicadora: Arcebispado de Santiago de Compostela.

Orzamento base de licitación: 2.455.751,02 € (IVE incluído).

Tipo de contrato: obra.

Tipo de procedemento: libre concorrencia.

Clasificación exixida aos licitadores: grupo K, subgrupo 7, categoría 4.

Criterios de adxudicación: criterios cualitativos que dependen dun xuízo de valor (40 %), criterios cuantitativos avaliables de forma automática (60 %).

A documentación poderá obterse na páxina web https://archicompostela.org/perfil-del-contratante/

Para máis información poderán contactar co Arcebispado de Santiago de Compostela, Praza da Inmaculada, 1, Santiago de Compostela, teléfono: 981 57 23 00 correo electrónico: contratacion@archicompostela.org

Prazo de presentación de ofertas: corenta e seis días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, polo que o prazo finaliza o 13 de xaneiro de 2026, ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

Fernando Barros Fornos
Ecónomo diocesano