No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo pola quenda libre, así como as prazas reservadas a promoción interna.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 6 de agosto de 2025, publicáronse as convocatorias e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:
– 1 praza de oficial condutor/a mecánico, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2. Quenda libre.
– 2 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2. Quenda de acceso libre reservadas a persoas con discapacidade.
– 3 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2. Quenda de promoción interna.
– 1 praza de operario/a en vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.
– 1 praza de ordenanza, encadrada na escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade intelectual.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 21 de outubro de 2025
O alcalde presidente
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2730/2025, do 19.3.2025)
Ana Mª González Abelleira
Tenenta de alcalde delegada da Área de Cohesión Territorial
por suplencia do tenente de alcalde delegado da Área de Xestión Integral
de Recursos Internos, Urbanismo, Deportes e Xuventude
