DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de novembro de 2025 polo que se notifica a visita de inspección para toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/40/2010.

Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2019, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dispoñer a execución subsidiaria con cargo á/ás persoa/s obrigada/s da Resolución da directora da Axencia de Protección, do 15 de abril de 2011, mediante a demolición das obras de construción dunha vivenda no lugar de Reira, terreo de Pao, no termo municipal de Camariñas.

Para poder dar continuidade ás actuacións de execución, e por resultar determinante para a redacción do proxecto técnico de demolición, vaise realizar unha visita de inspección ás ditas obras, amparada polo Auto 111/2025, do 4 de novembro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña (ED 203/2025), o 3 de febreiro de 2026, ás 11.00 horas, para toma de datos e mostras.

Sendo o/os interesado/s descoñecido/s ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da visita de inspección que se notifica, acordada no dito expediente, está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle/lles sirva de notificación á/ás citada/s persoa/s interesada/s en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística