DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de setembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.104872).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Rubén Martínez Buceta en representación da Comunidade de Usuarios Augas de Vilar.

Expediente: DH.A36.104872.

Volume total anual: 3.285,00 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous (2) mananciais situados na parcela 528, polígono 56 do catastro de Vilaboa.

Lugar: Vilar.

Parroquia: Santa Cristina de Cobres.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga dos mananciais cáptase en sendas arquetas de aros de formigón e reúnese para conducila a un depósito na parcela 430, polígono 55 do que parte unha rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Vilar (Vilaboa).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 26 de setembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur