José García Sanjurjo, con DNI 76525136L, nado en Vilalba (Lugo) o 6 de setembro de 1935, faleceu o 19 de marzo de 2018 na mesma localidade, con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na rúa Plácido Peña da vila de Vilalba, datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar, do 10 de novembro de 2025, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da sinalada persoa causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no seu título III, así como nos artigos 14 e 16 do Decreto 141/2024 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,
RESOLVO:
1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de José García Sanjurjo.
2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
3º. Remitir copia da presente resolución ao Concello de Vilalba, así como a calquera outro en que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a trinta días naturais.
O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción desta resolución.
Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera persoa interesada poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2018/0032, rúa Pastoriza, nº 8, 15781 Santiago de Compostela.
Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra a presente resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición que se presenten a este acto de trámite sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
