DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 1 de decembro de 2025 Páx. 61836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de notificación da segunda multa coercitiva do expediente IN624A/2014/000033.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido as persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselles ás persoas interesadas que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo de Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 17 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN624A/2014/000033.

NIF da persoa interesada: B15208051.

Acto de notificación: segunda multa coercitiva.

Concello: A Capela.