De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: planta de produción de biodiésel |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Biovigo Energy, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2022-IPPC-119_370 |
|
Localización: concello de Curtis (A Coruña) |
Expediente: 2025-IPPC-M-36 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca 2022-IPPC-I-119) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
