DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 1 de decembro de 2025 Páx. 61825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Resolución do 13 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Barreiros III, situado nos concellos de Ribadeo e Barreiros (Lugo) e promovido por WPD-Tecnorenova, S.L.U. (expediente IN408A/2020/079).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 14 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Barreiros III, situado nos concellos de Ribadeo e Barreiros (Lugo) e promovido por WPD-Tecnorenova, S.L.U. (expediente IN408A/2020/079).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:

A dita Resolución do 13 de novembro de 2025 dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Barreiros III, situado nos concellos de Ribadeo e Barreiros (Lugo) e promovido por WPD Tecnorenova, S.L.U., tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 7.6.2024.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Barreiros III (expediente IN408A/2020/079).

3. Devolver as garantías depositadas o 18.5.2020, por importe de 1.980.000 € e número de rexistro 422/2020, e o 16.6.2022, por importe de 2.000.000 € e número de rexistro 2022/90/1203, para garantir o cumprimento das obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Barreiros III.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. O 18.5.2020, Tecnorenova Eólica, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 1.980.000 € e número de rexistro 422/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico.

2. O 22.5.2020, a promotora presentou a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para o proxecto denominado Parque eólico Barreiros III (expediente IN408A/2020/079), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

3. O 15.9.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificoulle á promotora o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigo 30 e 31 da Lei 8/2009. O 16.9.2020, a promotora achegou o xustificante do pagamento da taxa correspondente a autorización administrativa de parques eólicos.

4. O 4.2.2022, a promotora comunicou o cambio da súa denominación social, de Tecnorenova Eólica, S.L.U. a WPD-Tecnorenova, S.L.U. e, o 29.10.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais tomou razón do mencionado cambio de denominación.

5. O 16.6.2022, WPD-Tecnorenova, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 2.000.000 € e número de rexistro 2022/90/1203, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico.

6. O 1.12.2022, a promotora achegou a documentación técnica actualizada. En resposta ao requirimento da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, a promotora achegou novamente documentación adicional o 1.9.2023 e o 6.9.2023.

7. O 23.8.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe establecido no artigo 33.7 da Lei 8/2009, concluíndo que as posicións dos aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros ás delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado.

8. O 14.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de acordo co establecido no artigo 33.9 da Lei 8/2009.

9. Polo Acordo do 16 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución do parque eólico Barreiros III (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro).

10. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Concello de Ribadeo, Concello de Barreiros, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Retegal, Cellnex Telecom (Retevisión) e Begasa.

11. O 7.6.2024, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico, e fíxoa pública mediante o Anuncio do 11 de xuño de 2024 (DOG núm. 120, do 21 de xuño).

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Concello de Barreiros, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio e Sociedade Galega de Historia Natural.

12. O 17.1.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático notificoulle ao promotor o acordo polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Barreiros III, abrindo o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

13. O 7.2.2025, a promotora achegou un escrito en que manifesta que non mostra obxección ao inicio dos procedementos recollidos na parte dispositiva do acordo mencionado no antecedente de feito décimo primeiro.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático