Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025006187, do 24 de novembro de 2025, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da rúa Escondite (Documento NRE 2025024768, do 18 de novembro).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 25 de novembro de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
