DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 1 de decembro de 2025 Páx. 61866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do Peprica para a recualificación de zona verde, con modificación da ficha número 1-01-01 do catálogo do Peprica, referida ao inmoble sito na rúa do arcebispo Malvar número 8 (2022/MODPEPRICA/000001).

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20.10.2025, adoptou, por unanimidade e entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao proxecto denominado Modificacion puntual do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra (Peprica) para a recualificación de zona verde con modificación da ficha núm. 1-01-01 do catálogo do Peprica (36038_MP03PEPRI_202507_AD), de xullo de 2025, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto Manuel Abelleira Argibay, conformado pola arquitecta municipal o 9.9.2025, adaptado ao formato dixital establecido nas normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia e que dá cumprimento ás consideracións contidas no informe favorable condicionado emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia o 23.7.2025.

Segundo. Dispor a publicación do anuncio deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), por conta dos promotores, con indicación expresa de que o contido íntegro do proxecto estará á disposición do público na sede electrónica do Concello de Pontevedra www.sede.pontevedra.gal, ao abeiro do disposto na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de planeamento que serve de base a este acordo será inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, por petición deste Concello, para o cal se remitirá un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Pleno.

O documento que contén o plano normativo e as fichas modificadas por mor da aprobación definitiva da presente modificación puntual, ademais de na sede electrónica, será publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, unha vez recibido, de ser procedente, o certificado de inscrición no rexistro do instrumento de planeamento, para lograr a eficacia e executividade do acordo, consonte o establecido nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 186.4 e 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, e nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Terceiro. Notificar individualmente este acordo de aprobación definitiva a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados por esta modificación puntual ás cales xa se lles notificara a aprobación inicial, así como ao resto de persoas titulares de dereitos e intereses que se poidan ver afectadas pola citada modificación, co ofrecemento do réxime de recursos procedentes. (...)».

O que se fai público para a súa executividade. Contra a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Así mesmo, infórmase que nestas datas xa está publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta no día en que andamos: https://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-de-desenvolvemento/) o contido íntegro do documento aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 4 de novembro de 2025

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde