De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orden ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no edificio de Área Central, praza de Europa, 5A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poida obter copia dos que considere convenientes, concedéndolle así mesmo un prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que considere pertinentes ante o instrutor.
De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.
Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025
Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor xefe da División Xurídica
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 14-07-25-42 ZA-3181K Gardapeiraos |
11728122P |
Estacionamento prohibido 24.6.2025; 17.18 horas Celeiro-Viveiro (Lugo) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
