DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

Unha vez convocado o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), modificado pola Resolución do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 133, do 14 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña

Tribunal titular

Presidencia: Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría: Iris Ferradás Cao, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Javier Quintás Couselo, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Eva Fachado Rubio, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Camilo Ríos Gestal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente

Presidencia: Avelina Amado Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Secretaría: María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Julio Senén Fernández Guerra, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Carlos Docampo Ramos, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.