DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62051

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.

Unha vez convocado o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores

Tribunal titular

Presidencia: Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

Secretaría: Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– María del Carmen Recarey Rey, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.

– Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.

– Manuel José Lage López, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Tribunal suplente

Presidencia: Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría: Xosé Manuel Cerviño Meira, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Lidia María Villar Pena, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.

– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Beatriz López González, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade educación primaria.