DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 17 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se comunican os cambios introducidos na relación de bens e dereitos afectados no marco do procedemento de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto da infraestrutura de evacuación Banzas nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma, dos cambios introducidos na relación de bens e dereitos afectados no marco do procedemento de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto da infraestrutura de evacuación Banzas nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (A Coruña), (expediente IN408A 2020/144), promovido por Green Capital Power, S.L.

As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo indicado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de novembro de 2025

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Relación de persoas interesadas con enderezo ignorado ou sen notificación practicada

Nome e apelidos

Alejandro Blanco Nieto

Herdeiros de José María Abeijón Caamaño

José Eulogio Blanco Sande

Caridad Rial García

Jorge Romarís Carnota

Manuel Casáis Alvite

Inocente Míguez Lueiro

Ramón Padín Vidal

Herdeiros de Manuel Penido Suárez

Francisco Alfonsín Penido

Herdeiros de Domingo Inocente Romero Pais

Silvín Penido Suárez

Relación de persoas interesadas descoñecidas

Predio

Titular

Ref. Catastral

Polígono

Parcela

Lugar

439

Descoñecido

15063A02602072

26

2072

Penas

440

Descoñecido

15063A02602073

26

2073

Penas

590

Descoñecido

15057A51300248

513

248

Alto Fonte Famosa

796

Descoñecido

15057A51500141

515

141

Revolta da Palla