De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouse por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictal único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Ourense, 18 de novembro de 2025
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
OU-RES-2025-033 |
Y1466010G |
Resolución do procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
OU-RES-2025-075 |
X2194215S |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Polo instrutor |
|
OU-RES-2025-082 |
X9083710K |
Acordo de inicio de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
