DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Monterrei (expediente IN407A 2023/73-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando ás persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS, CTI, CT e RBT Albarellos G. Civil, situada no concello de Monterrei.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 18 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/73-3.

Instalación: LMTA, LMTS, CTI, CT e RBT Albarellos G. Civil.

Concello: Monterrei.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 23 de outubro de 2025.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

4

Pilo

32051A038000780000MT

Luis Miguel Casanova Rodríguez

5

Pilo

32051A038000770000ML

Herdeiros de Félix Atanes Rodríguez

11

Rivela

32051A038004280000MT

Rafael Barreira Nieto

12

Rivela

32051A038000640000MZ

Luis Miguel Casanova Rodríguez

13

Rivela

32051A038002920000MH

Luis Miguel Casanova Rodríguez

14

Rivela

32051A038002930000MW

Manuel Couso Barreira

15

Rivela

32051A038002990000MP

Enrique Cao Pérez

17

Rivela

32051A038003010000ML

José Manuel Cao Sanmartín

18

Rivela

32051A038003020000MT

Delfín Fidalgo Fernández

20

Salgadas

32051A038003740000MR

Herdeiros de María Linda Fernández Ramos

21

Salgadas

32051A038003810000MJ

Rosa Sierra Vázquez