DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/406-1, no concello de Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT803, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/406-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 18 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/406-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT803.

Concello: Mazaricos.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Campo do Cubo

Parcela: 42

Polígono: 8

Descoñecida

3.12.2025

2

Antre os Xistos

Parcela: 55

Polígono: 8

Víctor Vieites Albite

3.12.2025