DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, quenda libre (subgrupo A2), C.E. 11/23.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 179, do 19 de setembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 8 de setembro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, quenda libre, (subgrupo A2), C.E. 11/23.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 7 de novembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica