DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo duha praza de gobernanta por quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia número 198, do 16 de outubro de 2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de gobernanta en quenda libre.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 6 de novembro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatísca