DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO das bases reguladoras do proceso selectivo para axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral equiparado ao subgrupo A1 de funcionarios, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 251, do 31 de outubro de 2025, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a un posto laboral fixo desta entidade de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), equiparado ao subgrupo A1 de funcionarios.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como da sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 3 de novembro de 2025

Daniel Vega Pérez
Alcalde