DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de administrativo, como funcionario (expediente 105/2024).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 219, do 14 de novembro de 2025, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión dunha praza de funcionario de carreira, administrativo, escala de Administración xeral, grupo C, subgrupo C1, como funcionario, incluída na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2024 (expediente 105/2024).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 225, do 24 de novembro de 2025, publicouse unha corrección de erros das citadas bases.

O prazo da presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Sarreaus, 25 de novembro de 2025

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde