DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62251

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025 pola que se adxudican as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025.

Cumpridos os trámites establecidos no artigo 14 da Orde desta consellería, do 24 de marzo de 2025 (DOG do 27 de marzo), pola que se establece o procedemento para a adxudicación de bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar certos estudos de formación profesional que se inicien no ano 2025 en centros educativos de Galicia, esta consellería, en cumprimento do establecido no artigo 14.2 da citada orde,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as axudas correspondentes á modalidade B do programa ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, estas listaxes publicaranse no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal).

A dotación, a contía, a distribución dos pagamentos e as condicións para a adxudicación das axudas serán as establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025.

Segundo. A publicación da listaxe de persoas beneficiarias terá os mesmos efectos que a notificación, segundo se establece no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG nº 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Adxudicación de axudas do programa Retorna Talento FP 2025/26
(modalidade B)

Listaxe de persoas seleccionadas na modalidade B
do programa Retorna Talento FP 2025/26

Ciclo superior de Mecatrónica industrial-CIFP Ferrolterra

Apelidos

Nome

Dorrio Rodríguez

Renata

García de Rubeis

Sebastián Enrique

Marcial Salgado

David Alejandro

Pérez García

Miguel Ángel

Rocha Lamela

Alan Ariel

Santiago Carrasco

Raquel

Santos Martínez

Gabriel

Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos-CIFP de Vilamarín

Apelidos

Nome

Blanco Pérez

Yelitza Beatriz

Gómez Silva

Aldana

Rea Rea

Briana Yurielis

Rea Rea

Yuriemelys Rauliana

Rubio Ripari

Eugenia Silvia

Saen-Chas Prada

María de los Ángeles

Velázquez Rodríguez

Ricardo José