O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.
O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.
O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.
Tal e como establece a Lei 8/2008, de saúde de Galicia, a atención primaria constitúe o primeiro nivel de acceso ordinario da poboación ao Sistema público de saúde de Galicia, e caracterízase por un enfoque global e integrado da atención e da saúde, así como por asumir un papel orientador e de canalización da asistencia requirida polo ou pola paciente en calquera punto do sistema sanitario.
O Sindicato de Enfermería SATSE convocou unha folga nos centros de atención primaria e puntos de atención continuada do Servizo Galego de Saúde, que afectará a totalidade das enfermeiras, enfermeiras especialistas e fisioterapeutas dos centros de atención primaria e PAC do Servizo Galego de Saúde.
A folga terá lugar o día 4 de decembro de 2025, cunha duración de 24 horas, que comeza ás 00.00 horas e conclúe ás 23.59 horas.
Con base no anterior e logo da audiencia ao comité de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.
Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.
Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente e permanente aos/ás usuarios/as e aos servizos sanitarios que non poden ser aprazados sen ocasionar consecuencias negativas para a saúde, especialmente tendo en conta o período invernal en que se convoca, caracterizado por un incremento significativo das infeccións respiratorias agudas e doutras patoloxías estacionais, o que supón un alto impacto na demanda asistencial da atención primaria.
Para a fixación dos servizos mínimos tivéronse en conta, entre outros factores, o risco para as persoas enfermas, a conseguinte afectación da folga á actividade asistencial e o volume de poboación atendida.
Hai que ter en conta que, á hora de fixar as presenzas necesarias para cubrir os servizos mínimos, a asistencia sanitaria dentro de cada área sanitaria se organiza en función de criterios poboacionais. O número de habitantes, a súa distribución por idade, o grao de dispersión do territorio, se se trata dun medio urbano, semiurbano ou rural, e as isócronas de tempo ata os centros asistenciais de referencia (centros de saúde, PAC e hospitais) son determinantes desta organización, e condicionan a xestión da cobertura das necesidades sanitarias.
Por este motivo, non é posible aplicar un patrón único para establecer os servizos mínimos do persoal sanitario e non sanitario durante unha xornada de folga. Son, polo tanto, as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais que garanten tanto o dereito á folga dos traballadores como o dereito da poboación a recibir atención sanitaria adecuada.
De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.
É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada, PAC), tendo en conta que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a cal é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo tanto, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.
2. Polo que atinxe ao tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) os servizos mínimos que se fixan prestarán a asistencia urxente e inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación.
A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación mínima:
– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.
– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.
– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.
Artigo 2
Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante o día da folga.
A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.
Artigo 3
Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
97 |
29 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
22 |
18 |
Área Sanitaria de Ferrol:
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
46 |
12 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
12 |
11 |
Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
103 |
17 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
22 |
22 |
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
103 |
17 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
22 |
22 |
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
101 |
11 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
28 |
27 |
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
128 |
14 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
21 |
21 |
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a centros de saúde |
61 |
12 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
12 |
12 |
Área Sanitaria de Vigo.
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Enfermeiro/a Centros de Saúde |
99 |
41 |
- |
|
Enfermeiro/a de PAC |
- |
20 |
20 |
