
O día 8 de abril de 2025, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 20 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F).
De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
Segundo o establecido no artigo 16 da citada orde, as resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Ademais, reflectirá que a medida se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as axudas aos expedientes relacionados no anexo I, solicitadas ao abeiro da Orde do 20 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F).
Estas axudas concédense con cargo ao código de proxecto 15.03.713B.770.0.2023.00238.
Segundo. Desestimar as axudas que se relacionan no anexo II, polos motivos alí indicados.
Terceiro. Informar ás persoas beneficiarias destas subvencións do seguinte:
1. Estas axudas fináncianse integramente a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023 serie L), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 300.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime durante o período dos tres anos previos.
2. O anexo I contén o listado das axudas solicitadas que foron concedidas e o anexo II das axudas que foron desestimadas coa indicación das causas de desestimación. No anexo III figura a priorización das solicitudes que cumpren os requisitos segundo o indicado na orde. Estas listas atópanse na páxina web da Consellería do Medio Rural.
3. Os beneficiarios das axudas concedidas indicadas no anexo I deberán presentar por escrito, antes do 31 de xaneiro de 2026, unha única xustificación da realización do investimento subvencionado e solicitude de pagamento e deberán achegar a seguinte documentación:
a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:
1º. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
2º. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.
b) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria, en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas e dos resultados obtidos, coas unidades desagregadas por traballos como na resolución de aprobación, de acordo cos puntos que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos) e no artigo 3. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.
d) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos) e no artigo 3. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.
e) Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo VI (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.
f) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda cun terceiro.
Para iso, debe presentar o anexo III (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade cedente e pola persoa cesionaria ou o seu representante, xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).
4. Na solicitude de pagamento (anexo II) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de baremación.
5. En todo caso, a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da axuda concedida deben cumprir co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.
Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO I
Listaxe de solicitudes de axuda concedidas ao abeiro da Orde do 20 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F)
|
Expediente |
Beneficiario |
NIF |
Conceptos subvencionados (*) |
Axuda aprobada |
|
27150001/2025 |
Selga Cía Galega de Silvicutores, S.L. |
***8550** |
Act-2, Act-3, Act-8 |
5.600,00 |
|
27150002/2025 |
Asociación Forestal de Galicia |
***1121** |
Act-2, Act-3 |
2.600,00 |
|
27150003/2025 |
Asociación Galega das Castañas e dos Soutos |
***6439** |
Act-2, Act-3, Act-8 |
8.600,00 |
|
27150004/2025 |
Asociación Monte Privado de Rianxo |
***5824** |
Act-2, Act-3, Act-8 |
14.850,00 |
|
27150005/2025 |
Asoc. Propietarios Forestais A Croa de Camariñas |
***7837** |
Act-2, Act-8 |
14.100,00 |
|
27270001/2025 |
Asoc. Forestal de Propietarios de Soutos de San Pedro O Incio |
***7272** |
Act-4, Act-5, Act-7, Act-8, Act-10 |
42.500,00 |
|
27270002/2025 |
Asociación Ribeira de Sucastro |
***1424** |
Act-4, Act-5, Act-7, Act-8, Act-10 |
44.450,00 |
|
27270003/2025 |
Mancom. de Montes Veciñais en Man Común Catro Cabaleiros |
***5593** |
Act-2, Act-3 |
5.100,00 |
|
27270004/2025 |
Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro |
***3447** |
Act-2, Act-3 |
2.600,00 |
|
27270005/2025 |
Asociación Frouxeira para a Xestión Forestal Conxunta |
***5677** |
Act-2, Act-3, Act-8 |
11.100,00 |
|
27270006/2025 |
Agrupación Forestal Gestión Conjunta Pereira |
***5675** |
Act-1, Act-3, Act-4, Act-5, Act-8, Act-9 |
50.000,00 |
|
27270007/2025 |
Asociación AFXC Carboeiro, Pena Aguda e Picoto |
***5704** |
Act-2, Act-3, Act-8 |
5.940,00 |
|
27320001/2025 |
Asoc. Forestal Santa da Pedra |
***4537** |
Act-1, Act-3, Act-5, Act-8, Act-9 |
49.821,00 |
|
27320002/2025 |
Asoc. Agroforestal Ribeira do Miño |
***4859** |
Act-1, Act-3, Act-5, Act-8, Act-9 |
49.849,00 |
|
27320003/2025 |
Asociación de Veciños de San Bartolomé de Domiz |
***4395** |
Act-1, Act-3, Act-5, Act-8, Act-9 |
49.827,00 |
|
27320005/2025 |
Asociación Agroforestal Vilar da Silva |
***5801** |
Act-1, Act-3, Act-8, Act-9 |
49.808,00 |
|
27320006/2025 |
Asociación Agroforestal Costa da Eirexa |
***5803** |
Act-1, Act-3, Act-5, Act-8, Act-9 |
49.677,00 |
|
27360001/2025 |
Mancomunidade de Montes de Vigo |
***8407** |
Act-2, Act-3 |
2.600,00 |
|
27360002/2025 |
Asociación de Veciños Berce do Umia (ABU) |
***6583** |
Act-1, Act-3, Act-4, Act-5 |
40.000,00 |
|
27360003/2025 |
Agrup. For. de Xestión Conxunta de Vigo e Baixo Miño, S.L. |
***5336** |
Act-1, Act-3, Act-4, Act-5 |
49.000,00 |
|
27360004/2025 |
Agrup. For. para Valorización dos Montes de Caldas e O Salnés, S.L. |
***5334** |
Act-1, Act-3, Act-4, Act-5 |
16.000,00 |
|
27360005/2025 |
Agrup. For. Básica para la Comercialización de Productos Ecosistémicos, S.L. |
***5374** |
Act-1, Act-3, Act-4, Act-5 |
49.000,00 |
(*) Os códigos que se indican correspóndense coas seguintes actuacións, de acordo co que figura no anexo IV da orde de axudas:
|
Código |
Actuación |
|
Act-1 |
Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC Listaxe do tipo de participación da persoa socia Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta |
|
Act-2 |
Identificación da iniciativa de constitución AFXC básica |
|
Act-3 |
Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante |
|
Act-4 |
Revisión do parcelario e estado das parcelas para novas AFXC-ter/ampliación das AFXC inscritas |
|
Act-5 |
Investigación da titularidade para AFXC-ter non inscritas/Investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas |
|
Act-6 |
Boa gobernanza das Sofor |
|
Act-7 |
Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos |
|
Act-8 |
Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC |
|
Act-9 |
Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas |
|
Act-10 |
Gastos de xestión, mantemento e representación |
ANEXO II
Axudas desestimadas coa indicación das causas da desestimación
|
Expediente |
NIF |
Titular |
Motivo de desestimación |
|
27320004/2025 |
***80772** |
Castiñeiros de Cantoña |
Incumpre o indicado no artigo 2.2 da orde de axudas |
ANEXO III
Priorización das solicitudes
|
Posto priorización |
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Puntuación |
Subvención |
|
1 |
27150002/2025 |
***1121** |
Asociación Forestal de Galicia |
70 |
2.600,00 |
|
2 |
27270004/2025 |
***3447** |
Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro |
32 |
2.600,00 |
|
3 |
27150005/2025 |
***7837** |
Asoc. Propietarios Forestais A Croa de Camariñas |
24 |
14.100,00 |
|
4 |
27270001/2025 |
***7272** |
Asoc. Forestal de Propietarios de Soutos de San Pedro O Incio |
23 |
42.500,00 |
|
5 |
27270002/2025 |
***1424** |
Asociación Ribeira de Sucastro |
23 |
44.450,00 |
|
6 |
27150003/2025 |
***6439** |
Asociación Galega das Castañas e dos Soutos |
23 |
8.600,00 |
|
7 |
27270007/2025 |
***5704** |
Asociación AFXC Carboeiro, Pena Aguda e Picoto |
22 |
5.940,00 |
|
8 |
27360003/2025 |
***5336** |
Agrup. For. de Xestión Conxunta de Vigo e Baixo Miño, S.L. |
22 |
49.000,00 |
|
9 |
27360005/2025 |
***5374** |
Agrup. For. Básica para la Comercialización de Productos Ecosistémicos, S.L. |
22 |
49.000,00 |
|
10 |
27270005/2025 |
***5677** |
Asociación Frouxeira para a Xestión Forestal Conxunta |
21 |
11.100,00 |
|
11 |
27150001/2025 |
***8550** |
Selga Cía Galega de Silvicutores, S.L. |
21 |
5.600,00 |
|
12 |
27360001/2025 |
***8407** |
Mancomunidade de Montes de Vigo |
21 |
2.600,00 |
|
13 |
27360002/2025 |
***6583** |
Asociación de Veciños Berce do Umia (ABU) |
21 |
40.000,00 |
|
14 |
27320006/2025 |
***5803** |
Asociación Agroforestal Costa da Eirexa |
21 |
49.677,00 |
|
15 |
27320001/2025 |
***4537** |
Asoc. Forestal Santa da Pedra |
21 |
49.821,00 |
|
16 |
27320002/2025 |
***4859** |
Asoc. Agroforestal Ribeira do Miño |
21 |
49.849,00 |
|
17 |
27360004/2025 |
***5334** |
Agrup. For. para Valorización dos Montes de Caldas e O Salnés, S.L. |
21 |
16.000,00 |
|
18 |
27320003/2025 |
***4395** |
Asociación de Veciños de San Bartolomé de Domiz |
21 |
49.827,00 |
|
19 |
27270003/2025 |
***5593** |
Mancom. de Montes Veciñais en Man Común Catro Cabaleiros |
20 |
5.100,00 |
|
20 |
27270006/2025 |
***5675** |
Agrupación Forestal Gestión Conjunta Pereira |
20 |
50.000,00 |
|
21 |
27150004/2025 |
***5824** |
Asociación Monte Privado de Rianxo |
20 |
14.850,00 |
|
22 |
27320005/2025 |
***5801** |
Asociación Agroforestal Vilar da Silva |
20 |
49.808,00 |
