DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de traslado da folla de valoración da beneficiaria para a determinación do prezo xusto pola imposición de servidume da paso relativa a unha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2023/299 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas o traslado da folla de valoración da beneficiaria para a determinación do prezo xusto pola imposición da servidume de paso relativa á instalación que se sinala no anexo.

Lugo, 19 de novembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA CRG811 entre apoios nº 63-74 e nº 63-84

Concello: Baleira.

Expediente: IN407A 2023/299 ATE.

Pol.

Parc.

Concello

Titulares propostos

Apoio (nº)

Apoio (m²)

Superf. (m)

2

58

318

Baleira

Hros. de José López Chante

63-76

1

2