Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase a persoa titular que figura no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VII810 no treito entre os apoios núm. 42.765 e núm. BVUCQBLL, situada no concello de Monterrei.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírese para que presente ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretará de xeito motivado o valor en que estima a servidume imposta e poderá alegar o que coide conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 20 de novembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2024/93-3.
Instalación: Regulamentación LMTA VII810 no treito entre os apoios núm. 42.765 e núm. BVUCQBLL.
Concello: Monterrei.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio nº |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
2 |
A Parediña |
32051B504015780000HM |
Juani Trinidad Loainza Reluz |
16 de outubro de 2025 |
