Mediante a Resolución reitoral do 6 de outubro de 2025 (DOG do 17 de outubro e BOE do 30 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisoria de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista provisoria está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
