DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicacanse a referencia dun expediente e a referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio, por resultar infrutuoso o intento de notificación, nun caso, e por descoñecer o titular, noutro caso, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición da persoa interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado/a

Referencia catastral

Superficie afectada pola franxa de 50 metros arredor da edificación illada destinada a persoas

a menos de 400 m do monte

Xestiona 1335/2025

En investigación

36036A0210003800000QT

369,17 m²

Xestiona 1335/2025

P.S.H.

36036A0210059700001WW

518,56 m²

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación que, neste caso, coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 3 de novembro de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa