DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a agregación das unidades edificatorias 1206-40 e 1206-41 do Plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) (praza Santo Domingo, 21-22).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a agregación das unidades edificatorias 1206-40 e 1206-41 do Plan especial de protección e reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo, que se corresponden coas parcelas 21 e 22 da praza de Santo Domingo, promovido pola entidade mercantil J.G.V. Fitoplas, S.L., consonte o artigo 80 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de información pública polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Así mesmo, notificaráselle individualmente á persoa titular catastral dos terreos afectados.

Terceiro. Solicitar o informe da consellería competente en materia de patrimonio cultural e, de ser o caso, os demais informes sectoriais preceptivos».

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

(+info)

Lugo, 6 de novembro de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto número 2730/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Concelleiro delegado de Urbanismo, Deportes e Xuventude