No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 228, do 27 de novembro de 2025, e na sede electrónica do Concello, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión de dúas prazas de operario de servizos múltiples, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, incluídas nas ofertas de emprego de 2024 e de 2025, publicadas no BOP número 205, do 22 de outubro de 2024, e número 122, do 27 de xuño de 2025.
O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Carballeda de Avia, 27 de novembro de 2025
Luis Milia Méndez
Alcalde
