Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión do 13.11.2025, modificado pola Resolución da Alcaldía número 1147/2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do complexo para maiores en Ouces, redactado polos arquitectos Juan Alfonso Botana Castelo e Beatriz García Becerra, e pola bióloga Paula Fernández Otero, promovido pola Asociación Larlilás.
O instrumento do plan e o expediente sométense á información pública durante o prazo de dous meses, mediante o anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.
Asi mesmo, o expediente poderá ser consultado mediante ligazón na sede electrónica do Concello de Bergondo https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251125170000022.html ou mediante consulta nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Bergondo, 25 de novembro de 2025
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa
