De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por razóns non imputables á Administración.
Como non é posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos propietarios das parcelas que se enumeran a continuación, por razóns non imputables a esta administración, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrais |
|
2025/V001/000024 |
3279912NH4937N |
Pastoriza |
JLM |
|
2025/V001/000024 |
3179816NH4937N |
Pastoriza |
JLM |
En virtude do anterior, infórmase que nas referidas parcelas se incumpre o disposto no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, as persoas responsables dispoñen máximo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa na citada parcela.
Transcorrido o dito prazo, e, en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 11 de novembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente
