DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62291

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2025 pola que se nomean catedráticos e catedráticas de universidade (CU2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso por promoción interna convocados mediante a Resolución desta universidade do 10 de xuño de 2025 (BOE do 23 de xuño) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 20 de novembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

CU2401-X09-650-CU-TC-01

Corpo

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento

A0650 Organización de empresas

Departamento

D00X09 Organización de empresas e márketing

Centro de traballo

106 Escola Superior de Enxeñaría Informática

DNI

***7220**

Nome e apelidos

Trinidad Domínguez Vila

Código

CU2401-X09-650-CU-TC-02

Corpo

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento

A0650 Organización de empresas

Departamento

D00X09 Organización de empresas e márketing

Centro de traballo

104 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

DNI

***7861**

Nome e apelidos

María de la Cruz del Río Rama

Código

CU2401-X09-650-CU-TC-03

Corpo

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento

A0650 Organización de empresas

Departamento

D00X09 Organización de empresas e márketing

Centro de traballo

104 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

DNI

***9857**

Nome e apelidos

Jesús Fernando Lampón Caride