DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da concesión de actividade da batea Toja II.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación e non podéndose practicar ao ser devolta polo servizo de Correos coa indicación de «falecido/a», notifícase aos posibles herdeiros descoñecidos ou habentes dereito de José Mascato Domínguez a resolución ditada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da Consellería do Mar, o 5 de novembro de 2025, pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da concesión de actividade da batea Toja II (polígono Grove F, cuadrícula 66).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

Cándido Rial Rodríguez
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica