DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0548/2025-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0548/2025-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 20 de novembro de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0548/2025-PPM

36132752M

Inicio

PSC-PO-0616/2025-PPM

35472917V

Inicio

PSC-PO-0619/2025-PRE

35315157Z

Inicio

PSC-PO-0649/2025-PPM

36110898R

Inicio

PSC-PO-0695/2025-PPM

35473783D

Inicio

PSC-PO-00718/2025-PPM

X6440754H

Inicio

PSC-PO-0752/2025-V

35278321R

Inicio

PSC-PO-0767/2025-TRA

76988533N

Inicio

PSC-PO-0805/2025-PPM

52500538W

Inicio

PSC-PO-0806/2025-PPM

36100764X

Inicio

PSC-PO-0822/2025-PPM

35561686Y

Inicio