DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62548

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación de nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 26 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025) e do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 137, do 18 de xullo), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Mediante a Resolución do 15 de outubro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública, noméase como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 17 de decembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro). Esta resolución foi publicada no DOG núm. 202, do 20 de outubro.

O 26 de novembro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, posto que, unha vez finalizado o prazo establecido no punto terceiro da referida Resolución do 15 de outubro de 2025, a aspirante proposta co número 45, María Eugenia Revuelta Seijo (***3513**), non tomou posesión efectiva do posto adxudicado.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira, se é o caso, persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda propoñer unha relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola do subgrupo A2 de persoal funcionario da Xunta de Galicia, atendendo á orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Este tribunal acorda facer pública como anexo I a esta resolución unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, as resolucións do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025) e do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 137, do 18 de xullo).

Cuarto. Elevar a devandita proposta complementaria de aspirantes que superan o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso
selectivo para a escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría
técnica agrícola

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola (2077).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

1

***5223**

González Rodríguez, María Jesús

Libre

74,50