DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62622

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela 2.4 do SUNP I-33-R Iñás (expediente 2025/planeamento/000010-FG número 754).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025006070 do 18 de novembro de 2025, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela 2.4 do proxecto de reparcelación SUNP I-33-R Inás (documento NRE 2025022350, do 16 de outubro).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de Urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de novembro de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente