DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan parcial do SUNP I-33-R, Iñás (expediente 2023/PLANEAM/000004-FG número 719).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025005900, do 11 de novembro de 2025, acordouse aprobar inicialmente con condicións a modificación do Plan parcial do SUNP I-33-R, Iñás (documento NRE 2025021806, do 9 de outubro).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público polo prazo mínimo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas, na páxina web do Concello na epígrafe de Urbanismo-Trámites de información pública.

Oleiros, 13 de novembro de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente