En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:
Solicitante: José Bouso Díaz.
NIF: ***4589**.
Expediente: DH.W27.89441.
Lugar: Río Caínzos.
Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo).
Concello: Ribadeo.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten no peche dunha parte do perímetro da parcela con referencia catastral 27051P00400886, na zona de policía do rego Caínzos e dun rego innominado.
A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 30 de setembro de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
