DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.105850).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Pedro Salgado Cancela.

DNI: ***6402**.

Expediente: DH.A27.105850.

Volume total anual: 1.348 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,2 l/s.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: pozo.

Lugar: Rosende.

Parroquia: Cuíña (Santa María).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena duns 100 m de fondo e 220 mm de diámetro, dotado de electrobomba de 1,1 kW de potencia, situado na parcela de referencia catastral 27040A066003740000UD, con destino á rega da mesma parcela e ao uso doméstico da vivenda na parcela de referencia 002001500NH85B0001KX, mediante unha condución de PE de 40 mm de diámetro duns 36 m de longo.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta poderá solicitar unha cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro