Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento ordinario número 183/2025, interposto pola persoa con DNI 4533555K, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 21.5.2025, interposto contra outra do 23.1.2025 expediente OU-0003-2024 (OUR/15/2021-RP1, na que se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía residencial unifamiliar illada, paralizada e sen rematar, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situada na parcela 291 do polígono 15, con referencia catastral 322047A015002910001BY, no lugar de Serra, 12, concello de Melón, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao seu inicio, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 34985481C para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
