Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario 295/2025, interposto pola persoa con DNI 34248163J, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 9.7.2025, interposto contra outra do 5.4.2021 (expediente LUG/196/2017-X1), pola que se dá traslado e apercibimento previo á execución forzosa da resolución do 5.4.2021, que declarou que as obras executadas en solo rústico consistentes na execución dunha construción de tipoloxía residencial (construción 1), en que foron demolidos os corpos que tiña acaroados polos ventos norte e leste, incluíndo a torre de catro alturas situada polo vento norte, obras propias dun uso residencial e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, así como na execución dunha construción con tipoloxía de nave (construción 5), sen autorización urbanística autonómica e sen título habilitante municipal de natureza urbanística, no lugar de Pontón, A Lagoa, Moreda, polígono 70, parcelas 316 e 322, referencias catastrais 27031A070003160000YD e 27031A070003220000YJ, no concello de Monforte de Lemos, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordenábase a demolición das obras, a reposición do terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, para o que se fixou un prazo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula, que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprazase a persoa con DNI 34270073G para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
