O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.
A prestación da asistencia sanitaria non pode verse gravemente afectada polo lexítimo exercicio do dereito de folga, ao estar aquela recoñecida como servizo esencial e prevalente en relación con este. En consecuencia, resulta necesario compatibilizar o exercicio do dereito de folga coa fixación dos servizos mínimos nas áreas e actividades que inciden directamente na xestión e continuidade da asistencia sanitaria, co obxecto de preservar, en último termo, o dereito á vida, á saúde e á integridade física das persoas usuarias.
O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.
O 17 de outubro de 2025, a Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) comunicou a convocatoria dunha folga que afectará todo o persoal médico e facultativo do Sistema nacional de saúde, a cal se desenvolverá desde as 00.00 horas do 9 de decembro de 2025 ata as 23.59 horas do día 12 de decembro, ambos incluídos. Así mesmo, comunicaron que nas empresas que conten con varias quendas de traballo, o inicio do paro xeral terá lugar na primeira quenda que se inicie o día 9 de decembro, e a súa finalización producirase unha vez concluída a última quenda, aínda que esta se prolongue máis alá das 24.00 horas do día 12 de decembro de 2025.
O 13 de novembro de 2025, a organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O´mega) convocou unha folga dirixida ao colectivo de facultativos de atención primaria e das unidades adscritas dependentes do Sergas en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, sen facer distincións pola súa fórmula contractual, xa sexa estatutaria ou laboral, e incluíndo persoal titular, interino, eventual ou en formación.
Indican que a folga terá carácter permanente mentres non se acaden os obxectivos reivindicados, comunicándose os días de paro con, cando menos, 10 días de antelación, e convocáronse inicialmente os seguintes períodos:
a) Os días 26, 27 e 28 de novembro de 2025 e
b) Os días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2025, desde a primeira quenda do día 9 iniciada a partir das 8.00 horas ata a finalización da última quenda do día 12, aínda que esta finalice despois das 24.00 horas.
A orde de servizos mínimos correspondente ás xornadas de novembro foi publicada no DOG núm. 228, do 25 de novembro de 2025, e quedou pendente o establecemento dos servizos mínimos relativos ás xornadas de folga previstas para o mes de decembro.
Posteriormente, o 27 de novembro de 2025, a organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O´mega) presentou unha nova comunicación de folga, nesta ocasión dirixida a todos os médicos e demais facultativos empregados no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego do Sergas, incluíndo médicos internos residentes, profesores vinculados e o resto do persoal médico e facultativo, sexa cal for a modalidade de contratación ou de xestión.
Nesta convocatoria fan constar que a folga terá igualmente carácter permanente, comunican os días concretos con 10 días de antelación e convocan inicialmente os días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2025, desde o primeiro período laborable do día 9 ata o remate do último período laborable do día 12, incluíndo quendas de atención continuada e garda.
Así mesmo, puntualizan que nas entidades en que existan varias quendas de traballo (entendendo como tales todo período laborable ou prestación de servizos, como atención continuada ou garda médica), o inicio do paro efectuarase na primeira quenda que se inicie o día 9 de decembro, e rematará tras a finalización do último período laborable do día 12 de decembro, aínda que a dita quenda finalice con posterioridade ás 24.00 do 12 de decembro; é dicir, abrangue para cada traballador todo o tempo correspondente a ese período laborable.
As convocatorias dos sindicatos CESM e O´mega coinciden nos días do 9 ao 12 de decembro de 2025 e afectan o persoal médico e facultativo do Servizo Galego de Saúde, incluídos os médicos internos residentes, así como aos profesionais en quendas, gardas e atención continuada.
Á vista destas convocatorias, e en aplicación do marco normativo vixente, resulta necesario establecer os servizos mínimos indispensables para garantir o funcionamento esencial das institucións sanitarias durante as xornadas afectadas.
Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrito ao ámbito da asistencia sanitaria pública, no ámbito do Servizo Galego de Saúde, entidades adscritas e fundacións públicas sanitarias dependentes da Consellería de Sanidade.
Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.
Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde, especialmente tendo en conta a duración da folga –catro xornadas consecutivas, enmarcadas entre dúas fins de semana e un luns festivo– e o período invernal en que se convoca, caracterizado por un incremento significativo das infeccións respiratorias agudas e doutras patoloxías estacionais, o que supón un alto impacto na demanda asistencial.
No establecemento de servizos mínimos, estase a ter en conta a redución paulatina de xornada establecida na Orde da Consellería de Sanidade, do 29 de xuño de 2023, pola que se publicou o Acordo do Consello da Xunta de Galicia en que se aprobaron melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Sergas, con base no Acordo asinado na Mesa Sectorial o 20 de abril polos representantes da Administración e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, UGT e SATSE, así como na instrución ditada en aplicación da dita orde para o ano 2025.
A execución do acordo de redución de xornada garantindo, así mesmo, a adecuada atención á cidadanía implica incrementos de persoal en determinadas quendas e unidades e o maior número de gardas pola crecente presión asistencial, circunstancia que se reflicte na fixación dos servizos mínimos.
Esta proposta susténtase en criterios estritamente asistenciais e de seguridade clínica, e responde á obriga de motivación reforzada exixida para os supostos en que, por circunstancias asistenciais excepcionais, os servizos mínimos deban diferir dos establecidos en folgas precedentes. Neste caso, concorren factores que modifican substancialmente o contexto respecto da folga dunha soa xornada convocada o 3 de outubro de 2025. En concreto:
a) Contexto epidemiolóxico estacionalmente agravado.
A folga ten lugar en pleno período invernal, etapa na cal –segundo os datos epidemiolóxicos dispoñibles nas áreas sanitarias– se produce un incremento estatisticamente relevante das infeccións respiratorias agudas e doutras patoloxías estacionais (gripe, bronquiolite, covid-19, entre outras). Esta realidade evidencia unha demanda asistencial hospitalaria sensiblemente superior á ordinaria, o que obriga á activación dos plans especiais de continxencias, instrumentos regulamentarios destinados a garantir a asistencia en situacións de incremento abrupto da presión asistencial. A concorrencia deste contexto estacional constitúe un elemento obxectivo e contrastable que altera substancialmente as condicións en que se prestan os servizos sanitarios esenciais.
b) Incremento da presión asistencial en determinados servizos clínicos.
Durante este período rexístrase un aumento apreciable da demanda en servizos como medicina interna, pneumoloxía, cirurxía xeral, tanto en ingresos como en interconsultas e atención continuada. A natureza dos procesos atendidos nestas unidades impide, sen risco para a vida ou a integridade física dos pacientes, unha demora prolongada na asistencia. A diferenza dunha folga dunha soa xornada –en que parte da actividade pode diferirse por 24 horas– unha folga de catro xornadas consecutivas constitúe un suposto cualitativamente distinto que pode provocar unha deterioración irreversible do estado clínico, de acordo coa práctica asistencial consolidada e coas recomendacións clínicas aplicables.
c) Duración extraordinaria da folga e acumulación de demanda.
A folga esténdese durante catro xornadas consecutivas, situadas entre dúas fins de semana e un luns festivo, o que configura un período extraordinariamente prolongado de redución da actividade habitual e un risco de acumulación de pacientes e demoras na atención. A diminución das altas hospitalarias pode incrementar o número de pacientes pendentes de cama en urxencias e, ao alcanzarse determinado limiar, bloquear a capacidade de atención a novos pacientes, comprometendo así a seguridade asistencial. Así mesmo, a semana anterior inclúe o festivo do 8 de decembro, o que previsiblemente provocará unha retención e concentración da demanda asistencial nos días posteriores, coincidindo coa folga e agravando a presión sobre os servizos hospitalarios.
Estas circunstancias –todas elas obxectivas, contrastables e alleas á vontade da Administración– xustifican a necesidade de fixar unhas presenzas mínimas superiores ás dunha folga dunha soa xornada, co fin de evitar riscos asistenciais e garantir a continuidade dos coidados nun contexto de elevada demanda sanitaria.
Para a determinación das presenzas mínimas tense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, a súa carga de actividade e os criterios poboacionais e operativos que condicionan a cobertura imprescindible durante as xornadas de folga. A fixación destas presenzas non ten por finalidade limitar o dereito fundamental de folga, senón asegurar a atención dos procesos prioritarios e non demorables, garantindo en todo momento a seguridade das persoas pacientes e a continuidade dos servizos esenciais.
Así mesmo, a definición dos efectivos necesarios debe atender á forma en que se estrutura a asistencia en cada área, baseada en parámetros poboacionais. O volume de habitantes e a súa distribución por idades, o grao de dispersión territorial, o carácter urbano, semirrural ou rural da área, así como as isócronas de acceso aos centros asistenciais de referencia (centros de saúde, PAC e hospitais), constitúen elementos determinantes que condicionan a planificación e a cobertura asistencial mínima requirida.
Por iso, non é posible aplicar un patrón único para establecer os servizos mínimos do persoal sanitario e non sanitario durante unha xornada de folga. Son, polo tanto, as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais que garantan tanto o dereito de folga das persoas traballadoras como o dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.
Por último, é preciso sinalar que a petición sindical de equiparar os servizos mínimos dos días de folga cos dun día festivo, como nunha xornada de PAC, non resulta comparable. A organización da asistencia sanitaria en xornada continuada responde a características propias recollidas no Decreto 172/1995, do 18 de maio, modificado polo Decreto 156/2005, do 9 de xuño, polo que os servizos mínimos desta xornada non poden equipararse aos da xornada ordinaria.
De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:
I. Persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: o persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e das emerxencias xestionadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para iso, conta, entre outros profesionais, con persoal médico coordinador, médico asistencial base ambulancia, así como médico asistencial base helicóptero.
Unha redución do persoal médico implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que ocorren no territorio galego, con consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia da poboación.
Polas características do servizo prestado, a poboación non pode quedar desatendida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas e cualificadas que non poden ser suplidas por outro persoal e debe terse en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende do número de chamadas que non son programables.
II. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.
No ámbito da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos ás persoas doantes e, consecuentemente, ás posibles receptoras. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, dos transplantes de órganos e dos implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e da lexislación de aplicación.
III. Persoal dos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:
A) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:
– Servizos de urxencias e gardas médicas.
– Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.
– Salas de partos.
– Laboratorios de urxencias.
Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, debe manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.
2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:
– Unidades de reanimación.
– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas, e unidades coronarias, se é o caso.
– Área de diálise.
– Área de tratamentos oncolóxicos.
3. Cobertura da actividade cirúrxica das/dos pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial, procesos neoplásicos.
4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das pacientes hospitalizados/as e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dun/dunha facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:
– En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.
– En unidades de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.
– En unidades de nove a doce profesionais: 3 efectivos.
– En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.
5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, segundo o criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos/das pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e os/as pacientes desprazados/as polo mesmo motivo.
6. Garantirase a realización das determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiran aos/ás pacientes hospitalizados/as que, segundo criterio facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.
7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.
8. Garantirase a atención necesaria ás persoas pacientes de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.
B) Persoal facultativo sanitario do ámbito da atención primaria:
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.
É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada, PAC), tendo en conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a cal é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que debe manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.
2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación. A prestación sanitaria no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos e unidades de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación:
– En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.
– En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.
– En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.
Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.
En canto ao persoal farmacéutico, trátase de garantir que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admitan demora poida realizarse dentro dos prazos e requisitos establecidos na normativa vixente.
Así mesmo, no que respecta ao persoal odontólogo, resulta necesario asegurar unha dotación mínima que permita atender procesos odontolóxicos agudos, especialmente os que afecten a poboación infantil, dada a súa urxencia e necesidade de resolución inmediata. Esta previsión cobra especial importancia tendo en conta que a folga abrangue catro días laborables consecutivos precedidos dun festivo, prolongándose cun fin de semana, circunstancia que podería alongar de maneira excesiva a falta de atención destes cadros agudos.
Artigo 2
Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.
A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.
Artigo 3
Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
15 |
15 |
9 |
|
Área Cirúrxica |
80 |
35 |
35 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
79 |
20 |
20 |
|
|
Servizos centrais |
25 |
10 |
10 |
|
Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
4 |
4 |
3 |
|
Área Cirúrxica |
9 |
5 |
5 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
5 |
3 |
2 |
|
|
Servizos centrais |
4 |
1 |
1 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
100 |
54 |
18 |
|
Pediatra |
28 |
9 |
- |
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
1 |
- |
- |
Área Sanitaria de Ferrol
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
8 |
7 |
5 |
|
Área Cirúrxica |
33 |
12 |
12 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
40 |
12 |
12 |
|
|
Servizos centrais |
19 |
7 |
6 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
42 |
23 |
11 |
|
Pediatra |
14 |
2 |
- |
|
Odontólogo/a |
2 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
14 |
13 |
7 |
|
Área Cirúrxica |
78 |
34 |
34 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
84 |
25 |
24 |
|
|
Servizos centrais |
31 |
16 |
13 |
|
Hospital Público da Barbanza.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
5 |
5 |
4 |
|
Área Cirúrxica |
6 |
6 |
6 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
4 |
3 |
2 |
|
|
Servizos centrais |
4 |
3 |
2 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
96 |
37 |
24 |
|
Pediatra |
30 |
3 |
- |
|
Odontólogo/a |
4 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
4 |
- |
- |
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Lucus Augusti.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
13 |
14 |
10 |
|
Área Cirúrxica |
42 |
17 |
17 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
53 |
13 |
12 |
|
|
Servizos centrais |
31 |
9 |
8 |
|
Hospital Público de Monforte.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
3 |
3 |
3 |
|
Área Cirúrxica |
9 |
9 |
9 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
9 |
4 |
4 |
|
|
Servizos centrais |
7 |
5 |
4 |
|
Hospital Público da Mariña.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
4 |
3 |
3 |
|
Área Cirúrxica |
13 |
11 |
11 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
11 |
4 |
4 |
|
|
Servizos centrais |
8 |
2 |
2 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
89 |
37 |
27 |
|
Pediatra |
18 |
1 |
- |
|
Odontólogo/a |
3 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
8 |
7 |
4 |
|
Área Cirúrxica |
46 |
15 |
15 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
83 |
18 |
13 |
|
|
Servizos centrais |
64 |
16 |
13 |
|
Hospital de Verín.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
3 |
3 |
3 |
|
Área Cirúrxica |
5 |
4 |
4 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
6 |
1 |
1 |
|
|
Servizos centrais |
6 |
1 |
1 |
|
Hospital Público de Valdeorras.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
3 |
2 |
2 |
|
Área Cirúrxica |
4 |
4 |
4 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
5 |
4 |
4 |
|
|
Servizos centrais |
5 |
3 |
3 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
105 |
36 |
25 |
|
Pediatra |
14 |
- |
- |
|
Odontólogo/a |
12 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
12 |
- |
- |
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario de Pontevedra.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
12 |
10 |
7 |
|
Área Cirúrxica |
56 |
21 |
21 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
55 |
12 |
12 |
|
|
Servizos centrais |
23 |
7 |
6 |
|
Hospital do Salnés.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Maña |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
6 |
4 |
3 |
|
Área Cirúrxica |
14 |
4 |
4 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
9 |
2 |
2 |
|
|
Servizos centrais |
6 |
2 |
2 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
62 |
26 |
12 |
|
Pediatra |
14 |
1 |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
1 |
- |
|
Farmacéutico/a |
2 |
1 |
- |
Área Sanitaria de Vigo
– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo |
Urxencias |
17 |
16 |
10 |
|
Área Cirúrxica |
75 |
37 |
37 |
|
|
Área Clínica/Hospitalización |
76 |
27 |
26 |
|
|
Servizos centrais |
38 |
17 |
15 |
|
– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Médico/a de familia |
100 |
60 |
21 |
|
Pediatra |
34 |
9 |
- |
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
Farmacéutico/a |
3 |
- |
- |
Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.
|
Localidade |
Servizo |
Categoría |
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
Ourense |
Medicina nuclear |
Facultativo/a |
2 |
- |
- |
|
Santiago |
Ciclotrón |
Facultativo/a |
1 |
- |
11 |
|
UTPR |
Facultativo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Vigo |
Diagnóstico por imaxe unidade móbil |
Facultativo/a |
1 |
11 |
- |
|
Medicina nuclear-PET |
Facultativo/a |
1 |
2 |
- |
|
|
Oncoloxía radioterápica |
Facultativo/a |
3 |
1 |
- |
|
|
Radiofísica |
Facultativo/a |
3 |
1 |
- |
1 Localizado.
Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS)
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Persoal facultativo |
|||
|
Hematólogo/a |
1 |
11 |
11 |
|
Médico hemodoazón |
8 |
11 |
- |
1 Localizado.
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Persoal facultativo |
|||
|
Médico coordinador |
6+11 |
6+11 |
3 |
|
Médico asistencial base ambulancia |
12 |
12 |
12 |
|
Médico asistencial base helicóptero |
22 |
22 |
- |
1 Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un en horario das 10.00 ás 16.00 horas os días 9, 10 e 11 e, en horario das 10.00 ás 17.00 horas, o venres día 12. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un en horario das 16.00 ás 23.00 horas os días 9, 10 e 11 e, en horario de 17.00 a 00.00 horas, o venres día 12.
2 Están operativos do orto ao ocaso.
Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO)
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Persoal facultativo |
1 |
- |
- |
