DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio a persoa afectada pola expropiación é informada da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio, que figuran no cadro anexo.

A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 21 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/168-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Concello: As Neves.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36034A123001610000WW

Descoñecido

2025/54/528