DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Rairiz de Veiga (expediente IN407A 2025/7-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase á persoa interesada que figura no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA ALL803 no tramo entre os apoios núm. 95-63-21-11 e núm. 95-63-21-15, situada no concello de Rairiz de Veiga.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselle para que presente ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contado a partir do día seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), a súa folla de valoración, en que concretará de xeito motivado o valor en que estima a servidume imposta e aducir cantas alegacións xulgue convenientes ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 24 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2025/7-3.

Denominación: Regulamentación da LMTA ALL803 no tramo entre os apoios núm. 95-63-21-11 e núm. 95-63-21-15.

Concello: Rairiz de Veiga.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito previo

2

Agro

32068A021009290000PI

Rosa Gómez

7 de novembro de 2025