DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución do apoio B7D7V8AR//201 na LMTA LAL811.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignora o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación é son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio B7D7V8AR//201 na LMTA LAL811 que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 24 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/488-4

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución do apoio B7D7V8AR//201 na LMTA LAL811.

Concello: Rodeiro.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36047A070001690000PW

Descoñecido

2025/54/531