DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Ferrol (expediente DH.A15.85886).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Raúl González Rodríguez.

DNI: ***6840**.

Expediente: DH.A15. 85886.

Volume total anual: 806.400 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4 l/s.

Orixe: rego de San Xurxo x= 559.822; y= 4.820.649 (coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).

Lugar: Papoi.

Parroquia: Marmancón (San Pedro).

Concello: Ferrol (A Coruña).

Destino: uso etnográfico para demostración de muíño fariñeiro.

Lugar: Papoi.

Parroquia: Marmancón (San Pedro).

Concello: Ferrol (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

Trátase de dunha única captación procedente do rego de San Xurxo, no cal existe unha derivación cunha pequena presa na parcela 15037A501028640001PS, na cal se colocará unha comporta para poder derivar a auga solicitada na concesión para unha canle artificial existente que accionaba antigamente dous muíños situados na parcela 15037A501028630000OW.

A auga captada utilizarase para uso etnográfico, nas demostracións de accionamento dos muíños, e devolverase ao rego mediante unha canle de restitución existente.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, sitas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 9 de outubro de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte